h1

Os próximos días 4 e 5 de novembro, o Paraninfo da Universidade da Coruña, acollerá a 'IX reunión anual sobre estado da arte en insuficiencia cardíaca avanzada: práctica clínica e modelos organizativos'.

O obxectivo da reunión é proporcionar unha actualización do coñecemento científico na insuficiencia cardíaca (IC) avanzada e facilitar un foro de debate sobre aspectos organizativos no noso ámbito sanitario. Esta reunión está dirixida a todos os profesionais da saúde involucrados no coidado destes pacientes e inclúe o manexo de candidatos potenciais e receptores dun transplante cardíaco (TC), cirurxía cardíaca complexa e/ou soporte circulatorio mecánico (MCS). E moitos outros aspectos relacionados coa IC, entendendo esta entidade como progresiva pero prevenible.

O comité científico desta Xornada, está formado por María G. Crespo Leiro, Xefe da Unidade de Insuficiencia Cardíaca Avanzada e Transplante CardíacoJosé Cuenca Castelo, Xefe de Servizo de Cirurxía Cardíaca e José Manuel Vázquez Rodríguez, Xefe de Servizo de Cardioloxía, todos do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Programa: https://acoruna-hf.com/#programa, e convidámoslle a asistir á reunión.