h1

O Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña celebra que o día 2 de maio celébrase o día mundial do asma, que este ano ten como slogan “Atención da asma para todos”.

Así mesmo dende o servizo de Neumoloxía do CHUAC lembran os síntomas do asma: tos persistente, ruidos no peito, dificultade para respirar e opresión torácica. Se houbera estes síntomas debemos acudir ao médico para confirmar o diagnóstico e iniciar o tratamento. 

En 2018, un grupo de expertos da comunidade clínica, grupos de apoio ao paciente e organizacións profesionais uníronse para desenvolver a Carta do Paciente con Asma Grave, que establece seis principios para definir o que os pacientes deben esperar para o manexo da súa asma grave e o que debe constituír un estándar básico de atención.

Desde a publicación desa Carta orixinal en 2018, producíronse varios cambios importantes, incluída unha mellor comprensión da etiopatoxenia da asma e un manexo eficiente desta enfermidade. Aprobáronse varias terapias biolóxicas novas. Por último, a pandemia de COVID-19 puxo de relevo as patoloxías respiratorias, a calidade asistencial e científica dos neumólogos e a importancia fundamental da resiliencia do sistema de atención médica. 

Decálogo de estilo de vida saudable para o bo control do asma

1.- Acudir de forma periódica ás consultas programadas co especialista e o médico de familia. Eles informaran das características da asma, variabilidade dos síntomas e causantes e como recoñecelos.
2.- Tomar sempre a medicación que prescriba o médico cumprindo as súas indicacións: dose, frecuencia e duración pautadas. Nunca automedicarse.
3.- Crear un diario de asma. Recoller os datos dos síntomas, tratamento e calquera axente que pareza un causante dos brotes de asma. Para ilo hai aplicacións para descargar no móbil que axudan a realizar este control: ASMACONTROL de SOGAPAR.
4.- Tratar precozmente os síntomas da asma cando aparezan​. Utilizar o plan de acción personalizado e consultar ao médico. Revisar periodicamente a técnica inhalatoria.
5.- Utilizar correctamente os inhaladores. O único tratamento efectivo na asma é aquel que se inhala correctamente.
6.- Non fumar e evitar ambientes con fume.
7.- Procurar respirar aire limpo e libre de alérxenos.
8.- Realizar deporte ou actividade física. Estar activo axuda a mellorar a saúde.
9.- Manter hábitos alimentarios saudables. A obesidade é unha comorbilidade que pode conleva un mal control da asma.
10.- Facer prevención de infeccións respiratorias: lavado frecuente de mans, evitar contactos con persoas con arrefriados ou outras infeccións respiratorias, evitar amontoamentos durante as epidemias de virus respiratorios, vacinarse da gripe, … 

A asma é unha enfermidade crónica que afecta en Galicia a un 5% da poboación adulta
A asma é unha enfermidade respiratoria heteroxénea, xeralmente asociada coa inflamación crónica das vías respiratorias e hiperreactividade, que afecta a uns 340 millóns de persoas en todo o mundo. En España, mais de tres millóns de persoas teñen asma, das que o 10% son nenos de entre 6 e 7 anos e o 15% adolescentes de entre 13 e 14 anos. En Galicia afecta a un 5% da poboación adulta.

A asma é unha enfermidade multifactorial que non se pode previr e na que participan moitos elementos, tanto relacionados coa persoa (xenética), como coa contorna (exposición ambiental a irritantes, contaminantes ou alerxenos). Como todas as enfermidades crónicas, o máis importante é manter un bo control e previr os ataques. Máis da metade dos pacientes con asma non ten a súa enfermidade controlada. A causa principal do mal control da asma é a falta de adhesión á medicación. É moi importante concienciar ao paciente sobre a necesidade de realizar o tratamento indicado de maneira regular para evitar que a asma pase de ser un proceso controlado a descontrolado.

A asma grave afecta aproximadamente ao 5-10% dos pacientes con asma, aproximadamente 17-34 millóns de persoas en todo o mundo, máis da metade dos cales teñen a enfermidade non controlada. Os pacientes mal controlados teñen peor calidade de vida relacionada coa saúde e producen maior consumo de recursos sanitarios, triplicando o custo medio por paciente. Isto supón ata a metade de custos por asma e unha causa importante de discapacidade laboral, ademais do consumo de corticoides sistémicos cos consecuentes efectos adversos multiorgánicos que isto conleva.