h1

O CHUAC lembra que hoxe é o día Mundial da enfermidade inflamatoria intestinal que en Galicia máis de 27.000 persoas a padecen.

A Enfermidade Inflamatoria Intestinal (EII) é un conxunto de trastornos inflamatorios crónicos do intestino que engloba fundamentalmente dúas enfermidades, a enfermidade de Crohn (EC) e a colite ulcerosa (CU). Entre elas existen diferencias clínicas e patolóxicas, como a zoa de afectación. A colite ulcerosa caracterízase por lesións inflamatorias crónicas na parede do intestino groso (colon), mentres que a enfermidade de Crohn pode aparecer en calquera parte do aparello dixestivo.  

Esta inflamación aparece no contexto dunha resposta inmunitaria anómala que ‘ataca’ ao propio intestino, e cuia causa inicial descoñécese. Pode afectar a calquera idade, pero con máis frecuencia é diagnosticada en idade xove. A súa frecuencia está aumentando, actualmente case o 1% da poboación a padece. Soe cursar con brotes de actividade, nos que os pacientes poden presentar síntomas coma dor abdominal, diarrea, sangrado, hinchazón, urxencia defecatoria, perda de peso, etc … Moitos pacientes tamén conviven con síntomas crónicos, dixestivos e xerais como o cansanzo, que tamén poden asociarse a manifestacións extraintestinais.

Poden existir complicacións que precisen ingreso hospitalario ou cirúrxico nun 30-40% dos casos de Enfermidade de Chron, e de ata un 5-10% dos casos de colite ulcerosa.

Ao longo dos últimos anos, coa aparición de mais opcións de tratamento e adopción de estratexias de monitorización, conséguese un mellor control da enfermidade, o que permite que moitas das persoas que padecen este tipo de trastornos intestinais podan levar unha vida normal. Se ben aínda hai moito que mellorar para un grupo importante de pacientes nos que persisten síntomas crónicos, cos que teñen que convivir.