A gran maioría dos pacientes con incontinencia urinaria e/ou fecal experimentan unha importante carga emocional: medo, depresión, ansiedade, vergoña... Por iso, o Servizo de Cirurxía Xeral do CHUAC súmase ao reto #LaMochilaMasPesada para apoiar aos pacientes con incontinencia @InconASIA e promover unha maior empatía social, axudando a alixeirar a súa mochila co apoio da Asociación de Incontinencia (ASIA) para derrubar o estigma social co que viven estes pacientes.