h1

A Dra. Carmen Montero Martínez, xefa de servizo de Neumoloxía do Hospital Universitario de A Coruña, asegura que “o Asma e unha enfermidade que co tratamento adecuado pódese facer unha vida normal”.
 
 
O 1 de maio celébrase o día Mundial do Asma baixo o lema  “ Nunca é demasiado pronto, nunca é demasiado tarde”. O asma é unha enfermidade que afecta aos bronquios, facendo que estes se inflamen, dificultado o paso do aire aos pulmóns.
 
 
A doutora Montero, lembra “4 sinxelos consellos que poden ayudarte a levar unha vida normal”.

1. Controla a medicación: É importante controlar o asma coa medicación indicada, así como tratala precozmente cando aparezan os primeiros síntomas.
 
2. Identifica os síntomas dunha crise de asma. Estes poden ser variables, dende tos, pitidos que saen do peito e afogo, puidendo presentar dor no peito e sensación de afogo.
 
3. Realiza un uso correcto dos inhaladores: Estes dispositivos axudan a introducir a medicación nás vías respiratorias.
 
4.Evita a exposición a o fume do tabaco e a contaminación. Así mesmo en pacientes alérxicos a ácaros ou polen facer medidas hixiénicas recomendadas polo médico.