O obxectivo principal dos Comités de Ética Asistencial é asesorar e emitir informes sobre as cuestións éticas relacionadas coa práctica clínica co fin de mellorar a calidade da asistencia sanitaria.
O Comité de Ética Asistencial busca:
- Protexer os dereitos dos pacientes.
- Analizar e facilitar o proceso de decisión clínica nas situacións que presentan conflitos éticos entre os seus intervenientes: o persoal sanitario, os pacientes ou usuarios e as institucións.
- Propoñerlle á institución protocolos de actuación para as situacións en que xorden conflitos éticos graves ou de maneira reiterada.
- Colaborar na formación bioética dos profesionais do hospital e atención primaria e, moi en particular, na dos membros do Comité.
- Elaborar a memoria anual de actividades do Comité.
Non serán funcións do Comité de Ética Asistencial as seguintes:
- Promover actuacións xurídicas directas en relación coas persoas ou a institución.
- Realizar xuízos sobre a ética profesional ou as condutas do persoal sanitario, dos pacientes ou usuarios.
- Propoñer sancións.
- Subrogarse ou substituír a responsabilidade de quen pediu o seu asesoramento.
- Tomar decisións de carácter vinculante.
- Substituír aos Comités Éticos de Investigación Clínica.
- Realizar estudos cun obxectivo fundamental que sexa a análise de asuntos sociais e/ou económicos directa ou indirectamente relacionados coa asistencia sanitaria.
- Asesorar ou emitir informe nos supostos en que o interesado presentase por escrito queixa ou reclamación xudicial ou administrativa.