h1

O Servizo de Cirurxía plástica do CHUAC está constituído desde a súa orixe para ofrecer solucións aos distintos procesos conxénitos, adquiridos, tumorales ou postraumáticos, tratando de minimizar as secuelas funcionais e estéticas de cada un dos pacientes, o que o converte nun servizo tremendamente colaborativo co resto de especialidades cirúrxicas, permitindo ofrecer ao paciente un enfoque multidisciplinar, ampliando así as opcións terapéuticas e a calidade da asistencia que se presta. 


Como Servizo, o noso obxectivo principal é achegar solucións aos problemas específicos de cada un dos nosos pacientes, sendo o máis eficientes posibles no uso dos recursos de que dispoñemos.

Existen varios grupos de patoloxía de derivación directa ás nosas unidades como son os pacientes queimados, a patoloxía mamaria, a patoloxía da boneca e a man, as secuelas da perda masiva de peso ou os grandes defectos de cobertura. O resto de patoloxías ás que nos enfrontamos requiren da manipulación da pel, os tecidos brandos e os ósos, desde a cabeza ata os pés, polo que cada procedemento realizado adáptase aos requisitos específicos de cada paciente. Debido a isto último, traballamos estreitamente con outras especialidades cirúrxicas e médicas na procura da mellor solución posible para cada paciente en particular e o noso obxectivo é aumentar e estreitar lazos con cada vez un maior número de especialidades para poder ofrecer sempre o maior estándar de calidade a cada un dos pacientes que cheguen a nós e á súa vez chegar ao maior número de pacientes posible. 

Actualmente a aspiración do Servizo é seguir sendo a unidade de referencia de Galicia para o manexo do paciente queimado e pretende ser o Servizo de referencia para toda a patoloxía reconstructiva complexa. O Servizo de cirurxía plástica é un equipo de cirurxiáns moi cohesionado. A pesar diso, é fundamental a súa división en áreas de traballo específicas para lograr a máxima calidade nos procedemento. Establécense varios bloques, que forman os alicerces fundamentais da especialidade:
  • Unidade de cirurxía plástica xeral 
  • Unidade de queimados
  • Unidade de man
  • Unidade de mama
  • Unidade de microcirugía