Diagnóstico e seguimento das seguintes patoloxías:
- Asma bronquial
- Rinite/Rinoconxuntivite
- Dermatite atópica
- Urticaria e anxioedema
- Alerxia alimentaria
- Alerxia a medicamentos
- Dermatitis de contacto
- Inmunodeficiencias primarias e secundarias (VIH)
Procedementos que se realizan nesta Unidade de luns a venres:
- Probas intraepidérmicas ("prick test") con alérxenos inhalantes e alimentarios, medicamentos e velenos de insectos.
- Probas epicutáneas (proba do parche) no estudo de dermatite de contacto e en casos de reaccións adversas a medicamentos.
- Probas de función pulmonar: Espirometría basal e tras broncodilatación e determinación de óxido nítrico exhalado (FeNO).
- Proba de exposición controlada con alimentos.
- Proba de exposición controlada con medicamentos.
- Inmunoterapia con alérxenos inhalantes. Administración de omalizumab.
- Desensibilización oral con alimentos (leite, ovo, cacahuete e glute)
- Proba de provocación nasal e conxuntival con alérxeno inhalante
Procedementos que se realizan de forma ocasional, en función da demanda:
- Proba de esforzo
- Proba da luva
- Proba do cubito de xeo
- Proba de presión