h1

  • A secretaria da unidade avisaralle telefonicamente do día e a hora do procedemento.
  • O quirófano atópase na segunda planta do hospital Abente e Lago.
  • O día da cita e unha vez que chegue á 2ª planta do hospital, debe introducir a súa tarxeta sanitaria no punto de identificación, senón lle funcióna solicite o tiket en secretaría e espere na sala de espera. 
  • Desde alí, trasladaráselle ao hospital de día, co fin de prepararlle para o procedemento (cambio de roupa, toma de tensión, canalización de vía venosa).
  • Posteriormente será trasladado ao quirófano onde se lle realizará o procedemento indicado polo seu médico.
  • A partir dese punto os seus familiares non poden acompañarlle, e permanecerán nuns asentos dispoñibles para eles.
  • Unha vez concluído o procedemento será trasladado novamente ao hospital de día, onde permanecerá ata a súa recuperación completa e, darémoslle o alta hospitalaria.