HiddenAnchor
h1
Cirurxía Torácica Videoasistida (VATS)
A cirurxía torácica vídeo-asistida consiste en realizar a cirurxía indicada en cada caso (pulmonar, pleural ou mediastínica) a través dunha pequena incisión e con visión
por medio dunha cámara de vídeo.
O noso servizo é pioneiro na VATS uniportal, iniciada en xuño de 2010, realizando unha única incisión de 3-5 cm na zona lateral do tórax. Actualmente, realizamos o 90-95% das cirurxías por esta abordaxe.
Esta é unha forma do que chamamos cirurxía minimamente invasiva que ten importantes vantaxes para o paciente:
Menos dor postoperatoria e a longo prazo, xa que se realiza pouca agresión da parede torácica e non se necesita separación costal.
Estancia hospitalaria máis reducida (por termino medio 2-4 días).
Ao ter menos dor, a mobilización é mellor e o paciente pode realizar vida normal sen esforzos desde a alta.
Recuperación máis rápida para a vida laboral e de forma especial para o inicio de tratamentos oncolóxicos posteriores.
Como se trata dunha cirurxía con abordaxe menos agresiva, permite que pacientes seleccionados con maior comorbilidade, idade avanzada ou capacidade pulmonar reducida poidan ser operados.
Clasificación
Categorías:
Temas,
Oferta asistencial