h1

Por respecto aos demais pacientes, tente falar en baixo e facer o menor ruído posible.
 
Para o seu aseo persoal facilitarémoslle pixama ou camisón e toallas.
 
Manteña unha boa hixiene persoal: o lavado de mans é a medida hixiénica máis efectiva para previr infeccións hospitalarias.
 
Lávese as mans con frecuencia e lembre ás súas visitas que fagan o mesmo. Utilice os dispensadores de solucións para hixiene de mans dispoñibles, como mínimo á entrada e saída do cuarto.