h1

Se o seu médico lle asignou unha dieta normal, ten a posibilidade de elixir o menú que lle indicará o persoal de enfermería.
 
A súa dieta foi estudada en relación coa súa enfermidade, polo que non debe comer nada que non estea contemplado nela, nin inxerir ningún medicamento que non fose prescrito polo médico que o atende no hospital.
 
O noso desexo é que se senta como na súa casa, polo que lle rogamos nos comuníque calquera suxestión para podelo axudar.
 
Horario de comidas:
 
  • Almorzo: 8.15 - 9.00 h. 
  • Xantar: 12.45 - 13.45 h.
  • Merenda: 16.30 - 17.00 h. 
  • Cea: 19.45 - 20.15 h.