h1

Para non molestar aos demais enfermos non poderá haber máis de dous visitantes por paciente. Así mesmo, a persoal de enfermaría responsable do paciente, poderá restrinxir as visitas se as condicións de algún enfermo o requíren.
 

Hospital Universitario A Coruña 
As visitas só están permitidas polas tardes en horario de: 15.30 a 21.00h.
Excepto: Unidade de queimados. 16.00 a 19.00h.
Dentro da habitación só poderá haber un visitante por paciente de 16.00 a 17.00h.
Os nenos ingresados nesta unidade poden ter un só visitante as 24 horas do día.
Unidade de coidados intensivos (U.C.I):
13.00-14.00h. e 17.00 a 18.00h.
Unidade de reanimación:
13.00 a 13.30h.e 17.00 a 17.30h


As visitas deberán entrar pola entrada principal, situada na 4ª planta. No vestíbulo están os ascensores que o conducirán ás plantas de hospitalización.

Naquelas unidades cun réxime especial será informado polo persoal da unidade.
Os menores de 12 anos teñen restrinxidas as visitas ao Hospital
 
Hospital Abente y Lago
As visitas só están permitidas polas tardes en horario de 15.30 a 21.00 horas.
 
Hospital Marítimo de Oza
As visitas só están permitidas polas tardes en horario de: 15.30 a 21.00h.
Excepto:
Paliativos: 13.30 a 21.30h
Psiquiatría: 16.00 a 20.00h.
 
Hospital Materno Infantil Teresa Herrera
Se vostede vai dar a luz, poderá ter un só acompañante na sala de dilatación, que poderá estar no momento do parto, salvo que o médico desaconselle a súa presenza.
 
Os nenos poderán ter un acompañante as 24 horas do día, salvo que pola súa situación se desaconselle.

Hospital Virxe da Xunqueira
O horario de visitas é de luns a domingo de 16.00 horas a 21.00 horas.