h1

A Unidade de Asma Grave (UAG) do Servizo de Alerxia do Hospital Universitario da Coruña, está acreditada pola Sociedade Española de Alerxia e Inmunología Clínica (SEAIC) desde o ano 2019. Está situada nas nosas instalacións do Hospital Abente e Lago

Facultativo responsable: Dr. Manuel Jorge Rial Prado

O seu obxectivo é a atención integral do paciente con asma ou sospeitas de asma con dificultades para o diagnóstico ou para o seu control, enviados por outros alergólogos,  médicos de atención primaria, ou outros especialistas do hospital. 

Entre a carteira de servizos ofrecida pola unidade podemos atopar:
 
  1. Realización de espirometría e proba broncodilatadora.
  2. De terminaciónde FeNO.
  3. Realización de probas de provocación bronquial específica e inespecífica.
  4. Realización de oscilometría de impulsos.
  5. Difusión de gases mediante metano.
  6. Realización de probas intraepidérmicas ou prick test.
  7. Desenvolvemento dun programa educativo individualizado para todos os pacientes vistos na unidade.
  8. Prescrición de fármacos biolóxicos en casos de asma grave non controlada.
  9. Nasofibroscopia flexible.
  10. Acceso telefónico para continxencias como empeoramento clínico, agudizacións​ da enfermidade, intolerancia ao tratamento, petición de información, etc., a pacientes en seguimento.
  11. Atención a pacientes agudizados que estean xa en seguimento na unidade.
  12. Participación en ensaios clínicos de asma de distinta natureza.