h1

  • É importante realizar unha boa hixiene corporal, e hidratar a pel.
  • Evitar exposicións prolongadas ao sol. Utilice crema con factor de protección alto.
  • Durante as primeiras semanas ou meses pode aparecer acne, nese caso é aconsellable lavarse a zona afectada con xabón e utilice toalla limpa e seca de uso persoal. 
  • É importante que se lave a boca despois de cada inxesta e acuda ao odontólogo periodicamente. 
  • Se sofre algunha ferida lave ben a zona con auga e xabón e desinféctea co desinfectante que teña na casa (betadine, clorhexidina). 
  • Os síntomas de arrefriado ou gripe poden estar relacionados cunha infección por citomegalovirus e requiren un tratamento específico que deberá indicar o Nefrólogo. 
  • É importante realizar revisións xinecolóxicas, procure planificar a maternidade/paternidade e evite o embarazo no primeiro ano do transplante. 
  • Lembre que o futuro do seu enxerto depende en gran medida da medicación inmunosupresora, non deixe de tomala nin a modifique sen indicación do seu médico. 
  • Se ten que tomar algún medicamento ademais dos que lle dan no hospital, lémbrelle ao médico que está trasplantado e a medicación que está a tomar. Ensínelle o último informe.
  • Durante o tratamento con corticoides, debe seguir unha dieta pobre en sal, pobre en graxas e en azucres refinados. 
  • Non se recomenda beber alcol, pero se desexa tomalo de forma moderada, consulte co médico.
  • Durante as primeiras semanas debe de tomar a temperatura 2 veces ao día e se ten sensación de arrefriado ou gripe. 
  • Controlar a tensión arterial, peso e diurese, segundo indicación médica.
  • É importante que despois do transplante faga vida normal, pode facer algún exercicio para recuperar ton muscular, non fumar, non coller pesos, e evitar lugares contaminados.
  • É recomendable que volva incorporarse á súa actividade laboral en canto lle sexa posible.

Poñerase en contacto co profesional de referencia sempre que:
  • A temperatura sexa superior a 37º C.
  • Tenga diarrea ou vómitos.
  • Aparezan manchas brancas na boca, chagas ou herpes nos beizos.
  • Aparezan síntomas de arrefriado ou gripe.
  • En caso de embarazo. 
  • Se algún medicamento prodúcelle molestias.
  • Se bebendo máis ou menos, ou igual, diminúe a cantidade de ouriños.
  • Se hai aumento ou perda, esaxerada, de peso.
  • Se aumenta a tensión arterial a límites considerados como hipertensión (150-100).
  • Ante calquera dúbida que teña, sobre como tomar a medicación, dieta, os síntomas que ten, etc. lembre que, sempre é preferible unha consulta de máis que de menos. ?