A Medicina Intensiva (MI) é unha especialidade que se ocupa da asistencia aos pacientes críticos, é dicir, pacientes que están nunha situación na que a súa vida esta comprometida e necesitan unha vixilancia e coidados especiais para tentar reverter esa condición clínica e que basicamente consiste no soporte artificial da vida.
Este traballo lévase a cabo na UCI, Unidade de Coidados Intensivos por médicos da especialidade, médicos en formación (MIR de medicina intensiva e doutras especialidades), enfermeiras e auxiliares.
Os motivos fundamentais para ingresar un paciente na UCI son:
A decisión de ingresar ao paciente na UCI debe ser colexiada entre o médico responsable do paciente e o médico da UCI e deberá ter en conta as posibilidades reais de sobrevivir ao evento e recuperar unha vida digna.
É importante valorar o agudo do cadro clínico, a idade do paciente, comorbilidade e o avanzado do cadro clínico; para tentar non ingresar na UCI pacientes sen posibilidades reais de superar a súa situación clínica critica.
A razón fundamental de que un paciente ingrese na UCI e permaneza ingresado é a necesidade de SOPORTE artificial da vida, cando esta necesidade desaparece, por melloría da súa situación clínica, o paciente debe ser trasladado co seu equipo médico que seguirá o curso da súa enfermidade. Por tanto non debería prolongarse a estancia dos pacientes na UCI máis aló do imprescindible.
Os pacientes ingresan na UCI desde Urxencias, de planta de hospitalización por complicacións ou agravamento do seu estado clínico ou procedentes doutro hospital.
Unha vez ingresado, o médico da UCI informa á familia sobre o seu estado e prognóstico.
A auxiliar de información dálle á familia instrucións sobre as horas de visita e de información diaria.
Responsable do Servizo
Mónica Mourelo Fariña ( en funcións)
ESTRUCTURA E LOCALIZACIÓN
SECCIÓNS
Sección de Politraumatizados e Polivalentes, UCI A, Intermedios, UCI B
Responsable: Regina Arrojo Fuentes ( en funcións)
Hospital A Coruña- 5ª Planta
Sección de Unidade do Corazón, Coronarias e Post-operados Cardíaco
Responsable: Salvador Fojón Polanco
Hospital A Coruña- 6ª Planta
PROFESIONAIS DO SERVIZO
Facultativos
Persoal de Enfermaría
MIR
Persoal Administrativo
Celadores
CONTACTO
Teléfono Secretaría
981178167
Email Secretaría
UCI.Secretaria.CHUAC@sergas.es