h1

A información que os médicos poden dar aos pacientes é importante, pero ninguén como un paciente que ten a mesma enfermidade para explicar a outro paciente como son as sensacións e vivencias desta. As asociacións de pacientes desempeñan un labor encomiable no apoio, o seguimento, a formación e a información dos pacientes con cardiopatías familiares. As asociacións dan apoio adicional non só aos afectados, senón tamén aos familiares sans que conviven con eles.
En España e en Galicia, aínda que existen algunhas asociacións, non son suficientes e bótase en falta este elemento asociativo (tan presente noutras culturas como a anglosaxoa) que tantos beneficios pode achegar ao paciente. Animámosvos a colaborar con algunha das asociacións xa existentes ou a crear outras asociacións que poidan visibilizar a vosa cardiopatía familiar.
Mostramos a continuación o contacto dalgunhas das asociacións
 
Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC)
fegerec.png
Podes contactar a través de:
981 234 651 | 691 011 855
fegerec@cofc.es
 
Late Corazón (Asociación gallega de cardiopatías congénitas e cardiopatías familiares)
 
late_corazon.png
Contacto:
677 47 62 84

 

Amiloidosis visible (http://www.amiloidosisvisible.org/)

amiloidosis_visible.png

 

 

A nivel nacional e internacional as máis destacadas son: