h1

As tarefas distribúense da seguinte maneira: 

1. Os cardiólogos de adultos repártense a atención na consulta externa dos pacientes con cardiopatías familiares, así como a realización dos "screening" familiares (consulta, electrocardiograma, ecocardiograma e extracción de sangue para estudo xenético nun acto único). Á súa vez son os encargados de actuar como consultores cando un paciente ingresa na planta de cardioloxía ou ben noutro servizo médico/cirúrxico do hospital. 
531-1.png 
Chema Larrañaga e Roberto Barriales son os médicos  responsables da consulta e Cristina Martinez é unha das coodinadoras dos ensaios clínicos
 
Dúas veces ao mes, realízase unha consulta conxunta con cardioloxía pediátrica no Hospital Materno Infantil.
531-2.jpg 
Esther Sánchez, Fernando Rueda e Mariví, responsables da atención cardiolóxica en Pediatría
 
2. As enfermeiras xestoras de casos, encárganse das extraccións sanguíneas para estudos xenéticos, realización de electrocardiogramas a todos os pacientes e de actualizar as árbores familiares de todos os nosos pacientes en formato dixital. Á súa vez, mediante un teléfono móbil (e/ou correo electrónico) están encargadas da atención aos pacientes e/ou familiares (en horas de oficina) que requiran información sobre as súas cardiopatías.
532.png 
Miriam Rossi é enfermeira xestora de casos da UCF
 
3. As enfermeiras coordinadoras de ensaios encárganse de coordinar todo o labor investigador cos pacientes participantes en ensaios clínicos ou de investigación. Nas enfermidades raras, como son a maioría das que nos ocupamos na Unidade de Cardiopatías Familiares, é fundamental a investigación. Desta maneira participamos en estudos nacionais e internacionais para tratar de pescudar as causas e posibles tratamentos para as cardiopatías familiares.
533.png 
Cristina Martinez e Elena Veira son as coordinadoras dos estudos e ensaios clínicos que realiza a unidade de CF