h1

ensaios.png
En ocasións podemos ofrecerlle a posibilidade de participar en ensaios clínicos de novos medicamentos. Todos estes ensaios cumpren o nivel máis alto de seguridade e contan co aval do centro hospitalario e da comunidade autónoma. O seu médico explicaralle con detalle os  ensaios nos que pode participar.
As enfermeiras coordinadoras dos ensaios da UCF (Cristina Martinez e Elena Veira) explicaranlle con detalle todos os procedementos e visitas e daranlle un contacto telefónico para consulta de dúbidas.
A nosa experiencia cos ensaios clínicos sempre foi moi boa e estivemos á cabeza na investigación de novos fármacos para as cardiopatías familiares. Animámoslle a que participe nos ensaios clínicos.
Actualmente estamos a participar en ensaios clínicos para tratamento de:
  • Miocardiopatía hipertrófica obstructiva
  • Miocardiopatía hipertrófica non obstructiva
  • Miocardiopatía dilatada familiar por variantes xenéticas en determinados xenes
Pregunte cando acuda ás consultas de revisión sobre a posibilidade de entrar nun ensaio e manterémoslle informado e actualizado.