h1

O servizo conta con plan de comunicación interna e externa (a través da web).

Anualmente celébrase ROA (reunión organizativa anual) na que se analizan os resultados das principais liñas de actuación a nivel asistencial, docente e investigador do ano en curso e establécense as propostas e prioridades de cara ao ano próximo. Cada tres meses revísase a evolución das propostas.

Dous días á semana celébranse sesións clínicas e bibliográficas no propio servizo e unha vez ao mes realízase unha sesión conxunta dentro do programa DOEME xunto cos servizos de Reumatoloxía e Traumatoloxía. 

Periodicamente particípase nas sesións conxuntas hospitalarias e realízanse sesións de formación para unha correcta información aos pacientes.