h1

O modelo de xestión implantado dá cumprimento aos principios reitores e de actuación do sistema público de saúde de Galicia e, en consecuencia, os seus obxectivos son: 

a) Centrar a atención no paciente coa implicación de todos os profesionais na toma de decisións mediante o uso da xestión clínica como ferramenta para evolucionar dun sistema de organización por compartimentos a outro transversal ou horizontal; 

b) Garantir a equidade, accesibilidade, continuidade, calidade e seguridade da atención, mediante a xestión por procesos, con priorización segundo os criterios de planificación, gravidade, urxencia e frecuencia establecidos; 

c) Minimizar a variabilidade clínica, eliminando a duplicidade de procedementos diagnósticos e terapéuticos mediante a implantación das recomendacións contidas nas guías e vías de práctica clínica; 

d) Orientar a planificación dos procesos ao redor dos problemas de saúde, e especialmente os priorizados polas directrices sanitarias da Consellería de Sanidade segundo a súa repercusión sanitaria na saúde dos enfermos; 

e) Utilizar eficientemente todos os recursos mediante a promoción do traballo en equipo e a implicación dos profesionais na xestión. Nese mesmo decreto créase e regula a EOXI da Coruña.