h1

A implantación de procesos de atención multidisciplinares e de consultas de acto único é sólida e dinámica. Os dous últimos son o DOEME (dispositivo organizativo de algias músculo esqueléticas) xunto cos servizos de Reumatoloxía e traumatoloxía e a unidade funcional de espasticidad en compañía de neurología, neurocirugía, traumatoloxía e cirurxía plástica co obxectivo de abarcar todas as necesidades do paciente espástico.

Na área de ingreso empréganse os tratamentos de terapias de alta intensidade aos pacientes subsidiarios.

Entre a carteira de servizos cabe destacar: ecografía clínica, infiltracións, hialuronatos, plasma rico en plaquetas, bloqueos nerviosos, radiofrecuencia, ondas de choque, probas de esforzo submáximas, dinamometría  e nasofibroscopia.

A nivel de investigación están a levarse a cabo proxectos en: desenvolvemento de novas moléculas para o tratamento da espasticidad, marcadores biolóxicos tras o ictus, terapía canina en atención temperá, electroestimulación cerebral, sialorrea, avaliación da fatiga en esclerose múltiple, novas utilidades e indicacións en probas de esforzo submáximas, equilibrio, tendinopatía calcificada de ombreiro, novas indicacións no uso de radiofrecuencia, prescrición de exercicio terapéutico, ademais de estudos de carácter epidemiolóxico en diferentes áreas.

Na área de calidade implantouse a formación para a correcta información aos pacientes, ampliouse a formación a pacientes e familiares e iniciouse a realización de enquisas de satisfacción aos pacientes atendidos con acceso a través de códigos QR.

Varios membros do servizo son destacados formadores a nivel nacional principalmente nas áreas de Atención Temperá e Neurorrehabilitación e internacional en Rehabilitación Intervencionista sendo profesores do Máster en Ecografía Músculoesquelética e Intervencionismo Ecoguiado e do experto ECOSERMEF (escola de ecografía da sociedade Española de Rehabilitación e Medicina Física) do cal se vai a desenvolver un módulo de máster en bloqueos e radiofrecuencia con sede compartida no noso centro.

Particípase en comités hospitalarios das áreas afíns e no desenvolvemento e control dos procesos de atención integral (PAI) desenvoltos polo Servizo Galego de Saúde para pacientes con necesidades de atención temperá, EM e dano cerebral adquirido.