h1

O servizo de Rehabilitación actúa como apoio loxístico dos catro niveles nos que, de forma coordinada, tense que desenvolver a Rehabilitación, e que, segundo as teorías máis modernas de planificación sanitaria son: Rehabilitación Hospitalaria, Rehabilitación Comunitaria (Atención Primaria), Rehabilitación Domiciliaria e Rehabilitación non formal.

Neste sentido o servizo de Rehabilitación do CHUAC, desde os seus comezos en 1972 ata a actualidade, cobre a demanda asistencial da nosa especialidade na área Sanitaria da Coruña (548.283 habitantes). Con todo, na práctica, recibe pacientes con determinadas patoloxías (dano cerebral-traumatismos cranioencefálicos, patoloxía foniátrica, queimados, etc.) doutras Rexións Sanitarias da Comunidade Autónoma.

A Unidade de Lesionados Medulares é de referencia para toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Este Servizo, con Unidade de Hospitalización de Rehabilitación (camas propias), está estruturado en seccións e unidades clínico- terapéuticas, para dar resposta ás patoloxías que xera un hospital de referencia como é o CHUAC.

Unidades clínico terapéuticas:
  • Unidade Rehabilitación  Neurológica (incluíndoa Unidade de Dano Cerebral Agudo), (inclúe Programa de Foniatría Adultos).
  • Unidade de Rehabilitación Osteoarticular (inclúe Programas de Ortoprotesis/Amputados/Columna/Linfedemas/SueloPélvico)
  • Unidade Rehabilitación Respiratoria. Unidade de Rehabilitación Cardíaca (2020).
  • Unidade  Rehabilitación Infantil (Atención Temperá /PCI/Rehabilitación Cardío-Respiratoria Infantil), ( inclúe Programa de Foniatría Infantil)
  • Unidade de Rehabilitación Intervencionista.

A atención en Rehabilitación na área sanitaria complétase coa: unidade de Lesionados Medulares (funcionalmente independente do servizo de Medicina Física e Rehabilitación).

Desde febreiro de 1996 o Servizo  de Medicina Física e Rehabilitación do CHUAC está situado no novo Hospital Marítimo de Oza, excepto a Unidade de Rehabilitación Infantil situada no Hospital Materno Infantil "Teresa Herrera". A Unidade de Lesionados Medulares está no edificio xeral do Hospital A Coruña.