h1

Os consentimentos informados son un alicerce básico na adecuada asistencia sanitaria.
Trátase dun consentimento libre, voluntario e consciente prestado por un paciente no pleno uso das súas facultades ou, na súa falta, polos seus representantes, familiares ou achegados, requirido para que teña lugar unha actuación que afecta á súa saúde despois de recibir a información adecuada e valorar as opcións do caso (https://dpej.rae.es/lema/consentimento-informado).

O servizo de Medicina Física e Rehabilitación dispón dun amplo abanico de consentimentos en relación ao gran número de procedementos que realiza.