h1

Recomendacións OMS (Organización Mundial da Saúde).

  • Unha dieta saudable axuda a protexernos da malnutrición en todas as súas formas, así como das enfermidades non transmisibles, entre elas a diabetes, as cardiopatías, os accidentes cerebrovasculares e o cancro.
  • As dietas insalubres e a falta de actividade física están entre os principais factores de risco para a saúde.
  • Os hábitos alimentarios sans comezan nos primeiros anos de vida; a lactación materna favorece o crecemento san e mellora o desenvolvemento cognitivo; ademais, pode proporcionar beneficios a longo prazo, entre eles a redución do risco de sobrepeso e obesidade e de enfermidades non transmisibles en etapas posteriores da vida.
  • A inxesta calórica debe estar equilibrada co gasto calórico. Para evitar un aumento malsano de peso, as graxas non deberían superar o 30% da inxesta calórica total.
  • Limitar o consumo de azucre libre a menos do 10% da inxesta calórica total forma parte dunha dieta saudable. Para obter maiores beneficios recoméndase reducir o seu consumo a menos do 5% da inxesta calórica total.
  • Manter o consumo de sal por baixo de 5 gramos diarios (equivalentes a menos de 2 g de sodio por día) axuda a previr a hipertensión e reduce o risco de cardiopatías e accidente cerebrovascular entre a poboación adulta.
  • Os Estados Membros da OMS acordaron reducir o consumo de sal entre a poboación mundial nun 30% para 2025; tamén acordaron deter o aumento da diabetes e a obesidade en adultos e adolescentes, así como en sobrepeso infantil de aquí a 2025.