h1

A distribución do Labor Asistencial realízase por medio das axendas de citación de pacientes pactadas co Servizo de Admisión do XXI A Coruña. É oportuno resaltar que a Sección de Alerxia caracterízase por realizar Consulta de Alta Resolución entendido como proceso que contempla a realización de todas as probas diagnósticas posibles e dar o diagnóstico alergolóxico e o tratamento ao paciente nunha única sesión. Procúrase que a maioría das exploracións complementarias dependentes da Sección se realícen no mesmo momento da consulta, evitando a repetición de visitas e a xeración de listas de espera paralelas. Con isto búscase a máxima eficiencia e a satisfacción do paciente/usuario. Esta dinámica foi afectada pola pandemia, que nos obrigou a reestruturar as axendas e a limitar as probas que se poden realizar sen programación previa. 

Unha vez historiado o paciente, prográmanse as exploracións complementarias que realizan as enfermeiras (probas alérxicas, espirometrías, test broncodinámicos elementais). A continuación, volvemos ver ao paciente, emitimos un diagnóstico e pautamos o tratamento ou as intervencións que sexan necesarias. 

Isto xustifica a gran importancia que ten o persoal de enfermaría na Sección e a súa gran cualificación, así como a existencia de axendas  específicas de enfermaría.

A citación para a Sección de Alergoloxía está centralizada no Servizo de Admisión. Con todo, realízase unha análise previa de todos os volantes, que son clasificados e distribuídos entre hospitais para priorizar patoloxías, mellorar a eficiencia e evitar a circulación innecesaria de pacientes entre centros. 

Os pacientes novos atendidos nas consultas pódense clasificar en:
  1. Pacientes para consulta "normal" en Hospital Abente e Lago.
  2. Pacientes para consulta "normal" de medicamentos en Hospital A Coruña, distribuídas en función do tipo de fármaco a estudar
  3. Paciente para consulta "preferente" de patoloxía alérxica. Neste apartado considéranse a asma, reaccións alérxicas graves ou potencialmente mortais e non evitables ou se existen procesos médicos ou doutra índole que xustifiquen un adianto da cita.
  4. Pacientes hospitalizados atendidos durante o seu ingreso a pedimento de distintos servizos hospitalarios (Interconsultas).
  5. Pacientes ambulatorios "urxentes", atendidos na súa maioría no Hospital A Coruña.
  6. Pacientes ingresados ou atendidos de forma ambulatoria para a realización de Desensibilizacións con fármacos, técnica de alto risco, con circuíto específico.
  7. Pacientes pertencentes á vía rápida de veleno de himenópteros, creada polo SERGAS en 2018 para atender a pacientes con alerxia grave a estes insectos e evitar demoras no seu tratamento
  8. Pacientes con Urticaria Crónica, os xoves en HAYL en consulta específica e altamente especializada. 
  9. Pacientes con Asma Grave os mércores en HAYL consulta específica e altamente especializada. 
  10. Pacientes con Esofaxite Eosinófila: atendidos pola Dra Carballas. 
  11. E-consultas: Prestación atendida polo Dr. Parra, e con gran apoio de resto de facultativos do HAC. 
  12. Consulta de transición Alerxia infantil-Alerxia de adultos: consulta de recente implantación para a atención de pacientes alérxicos na súa transición da pediatría á consulta de adultos, para promover a continuidade asistencial. Responsable: Dra García Paz.