h1

A consulta específica de alerxia a medicamentos localízase na planta baixa do Hospital A Coruña, no Hospital de Día de Alergoloxía. De luns a venres pola mañá,  martes e xoves pola tarde. 

Nela aténdense consultas presenciais e telefónicas para a avaliación da alerxia medicamentosa, co fin de realizar os estudos posteriores que permitan aclarar posibles alerxias a fármacos, desmentilas, acoutalas e buscar alternativas. 

Atendido polos Doutores López Rico, García Paz, Cosgaya Ceballos e Parra 

Na carteira de servizos ofrecida por esta unidade están: 

  1. Realización de probas alérxicas cos distintos fármacos implicados en reaccións. As probas varían en función do tipo de fármaco, do tipo de reacción e das características do paciente
  2. Realización de proba de tolerancia medicamentosa, para descartar alerxia a fármacos 
  3. Realización de técnicas de desensibilización: Para casos onde non hai alternativas, consiste na administración do fármaco ao que o paciente é alérxico mediante un protocolo especial que permite completar un tratamento evitando reaccións graves.