MISIÓN
Procurar unha atención de calidade fundamentada na mellora da seguridade do usuario en xeral e do profesional en particular en relacioón coa asistencia sanitaria, especialmente con riscos de natureza infecciosa. A consecución dunha adecuada gestión de riscos realizarase mediante programas de específicos de vixilancia, prevención, protección e promoción da saúde dos nosos pacientes e profesionais nas áreas que sexan da nosa competencia.
VISIÓN
Dirixir á organización no seu a?mbito de competencia no sentido adecuado para conseguir os propósitos de seguridade establecidos, coa mellor capacitación técnica, accesible á profesionais da área Sanitaria da Coruña e Cee A Coruña, cunha práctica altamente fiable, segura e eficaz.
VALORES
- Orientación ao cliente, xa sexa interno -profesionais- ou externo -usuario/paciente.
- Sentido de pertenza á AS A Coruña e Cee.
- Compromiso decidido ao servizo público.
- Traballo en equipo, buscando o consenso e o respecto mutuo.
- Criterios de oportunidade, evidencia, rigor, eficiencia e austeridade.