h1

Saúde laboral

A actuación sanitaria no ámbito da saúde laboral desenvolverase de forma coordinada coa Dirección do centro  e os representantes dos traballadores e comprenderá os seguintes aspectos:
    • Promoción, con carácter xeral, da saúde integral dos traballadores.
    • Vixilancia da saúde dos traballadores, individual e colectivamente, para detectar precozmente os efectos dos riscos para a saúde aos que están expostas.
    • Desenvolvemento e actuación nos aspectos sanitarios da prevención dos riscos laborais.
    • Promoción da información, formación, consulta e participación dos profesionais sanitarios, dos traballadores e os seus representantes legais e dos empresarios nos plans, programas e actuacións sanitarias no campo da saúde laboral.
A actividade de vixilancia da saúde realízase en función dos riscos aos que está sometido o traballador no lugar de traballo e ten en conta as particularidades  dos traballadores, por iso é imprescindible coñecer o mapa de risco de cada un dos postos. Terase ademais en consideración  a aqueles  "traballador especialmente sensible".


Unidade Periferica de Prevención
  • Promover a prevención e a súa integración na actividade laboral
    • Realizar avaliacións de riscos.
    • Propoñer medidas para o control e redución dos riscos, á vista dos resultados da avaliación.
    • Realizar actividades de información e formación básica de traballadores.
    • Vixiar o cumprimento do programa de control e redución de riscos e efectuar persoalmente as actividades de control das condicións de traballo que teña asignadas.
    • Participar na planificación da actividade preventiva e dirixir as actuacións para desenvolver en casos de emerxencia e primeiros auxilios.

  • A realización daquelas avaliacións de riscos cuxo desenvolvemento esixa:
    • O establecemento dunha estratexia de medición para asegurar que os resultados obtidos caracterizan efectivamente a situación que se valora, ou ouna interpretación ou aplicación non mecánica dos criterios de avaliación.
    • A formación e información de carácter xeral, a todos os niveis, e nas materias propias da súa área de especialización.
    • A planificación da acción preventiva a desenvolver nas situacións nas que o control ou redución dos riscos supón a realización de actividades diferentes, que implican a intervención de distintos especialistas.