h1

Sistema de Vixilancia de Saúde Pública 
  • Os servizos de medicina preventivan debe integrar, analizar e transmitir a información propia e a procedente doutros servizos e unidades hospitalarias en relación con certos  eventos (enfermidades de declaración obrigatoria, brotes de enfermidades, factores de risco para a saúde, etc), promovendo a declaración pasiva de casos por parte do profesionais pero facilitando a axilidade e calidade da información mediante a súa busqueda activa. 
  • Unidade de Prevención e Control da Tuberculose.
  • A actividade a UTB da Coruña desenvólvese de forma coordinada polos Servizo de Pneumoloxía e o Servizo de Medicina Preventiva. O Servizo de Pneumoloxía é o responsable a actividade clínica asistencial, estruturada ao redor da consulta de referencia da Tuberculose da área, onde se atenden ás sospeitas de TB, diagnóstico e  seguimento aos casos así como o estudo e seguimento dos contactos do ámbito familiar. O servizo de Medicina Preventiva responsabilízase das actividades de Saúde Pública, fundamentalmente estudos de colectivos, cribado en pacientes de especial susceptibilidade e a xestión do SITUB (Sistema de información da tuberculose).​