Existen diversos tratamentos non farmacolóxicos para o tratamento da dor, que están indicados cando o tratamento con medicamentos non foi efectivo ou como complemento deste. Realízanse na unidade guiados por ecografía ou no quirófano, no caso de precisar escopia.
- Lumbociatalxia e Cervicalxia: Cando os pacientes non melloran cos fármacos analxésicos/antinflamatorios ou con fisioterapia/rehabilitación, pódense realizar diversas técnicas como infiltracións epidurais, bloqueos facetarios, bloqueos radiculares, que melloran a dor, evitando en moitos casos a cirurxía.
- Dor Musculoesquelético ou Poliarticular
- Cirurxía Errada de Columna (FBSS): Pacientes que tras ser operados de columna lumbar ou cervical, seguen con dor resistenete xeralmente ao tratamienro farmacolóxico e con pouca resposta aos bloqueos anteriormente citados.
- Dor Neuropático: Existen varias formas de presentación, como o Sindrome de dor rexional complexo, neuralxias postherpéticas, do trixémino, etc.
- Dor Oncolóxica: Os pacientes con este tipo de dor, adoitan necesitar a combinación de tratamentos farmacolóxicos e non farmacolóxicos tipo bloqueos, bombas implantables, etc.