PROCEDEMENTO DE ACCESO PROGRAMA SOCIOSANITARIO
"ATENCIÓN PSICOSOCIAL A PERSOAS CON ENFERMIDADE AVANZADA (EA)"
Entidad Social:
Equipo de Atención Psicosocial (EAPS) formado por 4 psicólogas en convenio con Cruz Vermella e a Fundación La Caixa (Sergas, ano 2015).
Ámbito de aplicación:
Hospital, C. Externas; HADO, Hospital Día, AP e domicilio (só cidade da Coruña e arredores).
Circuíto acceso:
A través do Servizo de Traballo Social, quen se encarga de canalizar este recurso sociosanitario na Área da Coruña e quen deberá ter información actualizada das persoas atendidas polos EAPS.
Perfil de pacientes a quen vai dirixido:
- Persoas con enfermidade crónica avanzada e con expectativa de vida limitada.
- Persoas en situacións sobrevenidas que cursan con cronicidade avanzada.
- Familiares/rede social de pacientes con proceso de cronicidade avanzada.
- Familiares e persoas próximas (rede social) en proceso de dó.
Obxectivo:
- Diminuír o sufrimento psicosocial das persoas con EA e as súas familias e apoio para toma de decisións, contribuíndo a mellorar a saúde percibida e previr dós complicados.
Forma de derivación:
- Vía Interconsulta IANUS ao buzón do Servizo de Traballo Social, que asignará á TSS e Psicóloga de referencia segundo Servizo, centro AP ou domicilio.
- De xeito subsidiaria, vía email: traballo.social.coruna@sergas.es.
Procedemento:
- Valoración social e intervención se procede, atendendo a criterios de risco sociosanitario.
- Información e derivación a psicóloga do EAPS Cruz Vermella, reflectíndoo en IANUS.
- O EAPS realizará a coordinación co persoal médico, de enfermería e traballo social
responsable do paciente, sempre que sexa necesario.
- Os EAPS informarán do fin da atención a Traballo Social Sanitario, que se encargará de reflectilo en IANUS.