h1

  • Os pacientes serán citados a consultas externas e quedarán asignados a un médico do
    servizo, que desde entón farase cargo de toda a atención do paciente, incluíndo
    a cirurxía, se é precisa, e o seguimento posterior.
  • O médico responsable indicará as probas complementarias necesarias antes da
    cirurxía ou para o seguimento evolutivo.
  • Os pacientes programados adoitan ingresar o día previo á cirurxía pola tarde.
  • É totalmente imprescindible abandonar o consumo de tabaco antes da cirurxía.
  • Tras a intervención cirúrxica é moi importante realizar unha vida activa, camiñando polo menos 60 minutos ao día.