h1

  • O transplante pulmonar é unha alternativa terapéutica para pacientes con enfermidades pulmonares en situación evolucionada, con insuficiencia respiratoria e sen outras opcións de tratamento.
  • As indicacións máis frecuentes son a fibrose pulmonar, enfisema pulmonar, fibrose quística, bronquiectasias, hipertensión pulmonar e silicose.
  • O Programa de Transplante Pulmonar de Galicia iniciou a súa actividade o 21 de xuño de 1999. Desde entón e ata decembro de 2021 realizamos 783 transplantes, o que
    supón unha ampla experiencia do equipo.

Grafica1_CToracica.png

  • É unha actividade multidisciplinar que implica a colaboración de moitos profesionais e servizos do hospital.
  • Ademais desde 2009 temos a acreditación CSUR do Ministerio de Sanidade (Centro-Servizo-Unidade de Referencia) de transplante pulmonar para o resto de España.
  • O transplante pulmonar é posible grazas á xenerosidade dos doantes e as súas familias.
    Pulmon_Ctoracica1.png