A Unidade de Apoio á Investigación (UAI) da ASCC nace da fusión da Unidade de Epidemioloxía Clínica e Bioestatística coa UICEC (Unidade de Investigación Clínica e Ensaios Clínicos) da Coruña. A súa misión é proporcionar soporte e asesoramento no deseño e desenvolvemento de estudos de investigación a profesionais da ASCC, o INIBIC (Instituto de Investigación Biomédica da Coruña) e a Fundación Profesor Novoa Santos, así como potenciar a participación dos investigadores destas entidades en proxectos multicéntricos no marco da plataforma SCReN (Spanish Clinical Research Network). Neste marco da SCReN considérase de especial prioridade o apoio a proxectos de investigación independente promovidos e liderados por investigadores da ASCC.