Facultativos:Dr. Fernando Rueda Núñez, coordinador funcional da Unidade Dra. Ángeles Fuertes MoureDra. Irene García HernándezDra. María Lozano Balseiro
No Complexo Hospitalario Universitario A Coruña o tratamento dos pacientes con cardiopatía conxénita é responsabilidade da Unidade de Cardiopatías Conxénitas, que consta dun equipo multidisciplinar cuxo núcleo son cardiólogos infantís, cardiólogos especializados en conxénitas e cirurxiáns cardíacos infantís, e que se distribúen na Sección de Cardioloxía Infantil (Servizo de Pediatría), Sección de Cardiopatía Conxénitas do Adulto (Servizo de Cardioloxía) e Sección de Cirurxía Cardíaca Infantil (Servizo de Cirurxía Cardíaca), respectivamente. Todos eles están especializados no tratamento e manexo do paciente con cardiopatía conxénita e coordínanse con outros Servizos do CHUAC ou Seccións dos Servizos de Pediatría ou Cardioloxía segundo requiran as necesidades asistenciais en cada momento.
A asistencia destes pacientes realízase de forma continuada polo mesmo equipo de profesionais desde a vida fetal ata o seu falecemento, establecéndose os circuítos e responsabilidade de tratamento máis idóneos a cada paciente en función dos recursos globais da Unidade de Cardiopatías Conxénitas.
A unidade de Cardioloxía Infantil do Servizo de Pediatría está integrada por catro pediatras cardiólogos infantís. En consultas externas de cardioloxía infantil hai unha enfermeira e unha auxiliar de enfermería con dedicación exclusiva a esta unidade.
A súa actividade repártese entre as consultas externas e a atención a pacientes hospitalizados en función da súa idade e necesidades asistenciais nas distintas unidades do Servizo de Pediatría: Neonatología, UCIP, Lactantes, Escolares. Tamén a realización de diversos procedementos en varios ámbitos de traballo: quirófano, electrofisioloxía, sala de hemodinámica, hospital de día pediátrico, etc.