HiddenAnchor
Galego
Castellano
A nosa organización
Temas
Oferta asistencial
Calidade e seguridade do paciente
Doazóns e transplantes
Humanización
Información para os usuarios
Investigación e Innovación
Medio Ambiente e Sustentabilidade
Somos referencia
Formación e docencia
Colectivos
Pacientes e cidadanía
Empresas e Provedores
Profesionais
Interésame
Cambiar de médico
Citas
Como chegar ao hospital
Saber a miña posición na lista de espera
Formación e docencia
Investigación
h1
Temas
Oferta asistencial
Atención Hospitalaria
Nefroloxía
Información para pacientes de Nefroloxía
Recomendacións para o autocoidado en transplante renal
Recomendacións para o autocoidado en transplante renal
É importante realizar unha boa hixiene corporal, e hidratar a pel.
Evitar exposicións prolongadas ao sol. Utilice crema con factor de protección alto.
Durante as primeiras semanas ou meses pode aparecer acne, nese caso é aconsellable lavarse a zona afectada con xabón e utilice toalla limpa e seca de uso persoal.
É importante que se lave a boca despois de cada inxesta e acuda ao odontólogo periodicamente.
Se sofre algunha ferida lave ben a zona con auga e xabón e desinféctea co desinfectante que teña na casa (betadine, clorhexidina).
Os síntomas de arrefriado ou gripe poden estar relacionados cunha infección por citomegalovirus e requiren un tratamento específico que deberá indicar o Nefrólogo.
É importante realizar revisións xinecolóxicas, procure planificar a maternidade/paternidade e evite o embarazo no primeiro ano do transplante.
Lembre que o futuro do seu enxerto depende en gran medida da medicación inmunosupresora, non deixe de tomala nin a modifique sen indicación do seu médico.
Se ten que tomar algún medicamento ademais dos que lle dan no hospital, lémbrelle ao médico que está trasplantado e a medicación que está a tomar. Ensínelle o último informe.
Durante o tratamento con corticoides, debe seguir unha dieta pobre en sal, pobre en graxas e en azucres refinados.
Non se recomenda beber alcol, pero se desexa tomalo de forma moderada, consulte co médico.
Durante as primeiras semanas debe de tomar a temperatura 2 veces ao día e se ten sensación de arrefriado ou gripe.
Controlar a tensión arterial, peso e diurese, segundo indicación médica.
É importante que despois do transplante faga vida normal, pode facer algún exercicio para recuperar ton muscular, non fumar, non coller pesos, e evitar lugares contaminados.
É recomendable que volva incorporarse á súa actividade laboral en canto lle sexa posible.
Poñerase en contacto co profesional de referencia sempre que:
A temperatura sexa superior a 37º C.
T
enga diarrea ou vómitos.
Aparezan manchas brancas na boca, chagas ou herpes nos beizos.
Aparezan síntomas de arrefriado ou gripe.
En caso de embarazo.
Se algún medicamento prodúcelle molestias.
Se bebendo máis ou menos, ou igual, diminúe a cantidade de ouriños.
Se hai aumento ou perda, esaxerada, de peso.
Se aumenta a tensión arterial a límites considerados como hipertensión (150-100).
Ante calquera dúbida que teña, sobre como tomar a medicación, dieta, os síntomas que ten, etc. lembre que, sempre é preferible unha consulta de máis que de menos.
?
Enviar a un amigo
3 votos
Votar
Votar
Imprimir
Converter en PDF
Compartir
Clasificación
Categorías:
Temas,
Oferta asistencial