Esta Unidade encárgase do diagnóstico, tratamento e seguimento das seguintes patoloxías:
- Cefaleas: hemicrania, tensionais, sintomáticas.
- Epilepsias da infancia e encefalopatías epilépticas.
- Convulsións febrís.
- Convulsións neonatais.
- Tics.
- Distonías e outros trastornos do movemento.
- Outros Trastornos Paroxísticos Non Epilépticos (sincopes, espasmos do salouco...)
- Alteracións da conciencia. Estupor e coma.
- Atraso psicomotor con especial consideración á encefalopatía hipóxico-isquémica, xenética, idiopática e postinfecciosa.
- Regresión psicomotora en especial Autismo/Trastornos do Espectro Autista, enfermidades neurodexenerativas e encefalopatías metabólicas.
- Trastornos da linguaxe e da aprendizaxe.
- Trastornos da Conduta en colaboración con Saúde Mental para a valoración e estudo do TDAH e outras patoloxías.
- Ataxias dexenerativas e sintomáticas.
- Enfermidades neuromusculares: neuropatías e miopatías
- Consulta multidisciplinar de Parálise Cerebral infantil. Realízase unha vez ao mes cos servizos de Rehabilitación e Cirurxía Ortopédica e a colaboración coa unidade do corredor da marcha da UNED.