h1

O servizo de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) ten como misión a atención dos pacientes con enfermidades neurolóxicas pertencentes á Área Sanitaria da Coruña e Cee, o que inclúe a prevención, o diagnóstico e o manexo terapéutico das devanditas enfermidades. O obxectivo é diminuír o impacto na saúde da poboación asignada debido ao padecimiento de enfermidades neurolóxicas e mellorar a súa calidade de vida. O servizo ten como visión establecer o seu papel como referente na atención de procesos neurolóxicos en Galicia. 
No desenvolvemento da súa actividade, o Servizo de Neuroloxía do CHUAC ten presentes os seguintes valores:
  • Compromiso cos pacientes co obxectivo de asegurar que cada paciente con patoloxía neurolóxica sexa tratado con humanidade e con respecto e traballar para proporcionar a todos o pacientes acceso a coidados de calidade, incluíndo a súa inclusión en ensaios clínicos.
  • Competencia clínica co obxectivo para asegurar a excelencia no coidado dos pacientes neurolóxicos e maximizar a calidade en todos os aspectos da asistencia médica.
  • Investigación e innovación, co desenvolvemento de proxectos de investigación propios e participación en proxectos colaborativos de investigación, promovendo a inclusión de pacientes en ensaios clínicos e xerando difusión de resultados en investigación a toda a comunidade científica.
  • Capacidade de traballo en equipo, tanto dentro do propio servizo como de forma multidisciplinar co resto de servizos do CHUAC, apoiando a integración de todos os profesionais na atención do paciente neurológico e garantindo que o equipo sexa a base sobre a que se desenvolvan as diferentes iniciativas asistenciais. 
  • Eficiencia, buscando conseguir un equilibrio económico-financeiro como garantía para a viabilidade e o desenvolvemento do Servizo de Neurología.