A Unidade de Formación de Enfermaría en colaboración coa Unidade de Esterilización do HUAC están a realizar visitas guiadas ó alumnado de FP de Técnicas/vos de Coidados Auxiliares de Enfermaria a dita unidade. Estas visitas teñen como guía á supervisora de Esterilización Lida Monroy Pérez e están a ser moi ben acollidas e demandadas tanto polos centros educativos como polo propio alumnado.