h1

BioStatFLOSS é unha recompilación de software que proporciona solucións para a análise epidemiolóxica e estatística, dispoñendo tamén dun potente sistema de información xeográfica así como de varias utilidades (ofimática, navegador, etc.) que cobren calquera necesidade que se lle poida presentar a un investigador que traballe no campo da saúde. É software de código aberto gratuíto e, ademais, está portabilizado.


Relator: Miguel Ángel Rodríguez Muiños. Coordinador do proxecto “BioStatFLOSS”. Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade.


Documentos relacionados Documentos relacionados