MISIÓN: Contribuír a mellorar a saúde e promover a máxima efectividade, calidade, seguridade, equidade e satisfacción na provisión dos servizos sanitarios por parte da XXIAC, garantindo a sustentabilidade do sistema sanitario. O noso compromiso tradúcese nunha vontade de innovación para proporcionar servizos humanizados e de alto nivel científico-técnico, consolidando ao paciente como a persoa central no eixo do sistema sanitario, con participación nas valoracións e intervencións que teñen lugar en relación coa súa saúde.
VISIÓN: Desenvolver os centros sanitarios dependentes desta Xerencia de Xestión Integrada segundo un modelo de mellora continua e innovadora dos seus servizos, sensible ás necesidades e preferencias dos cidadáns, que fomente a implicación e motivación dos profesionais, que asegure a eficiencia na gestión, que actúe como motor de desenvolvemento económico e social do Area Sanitaria da Coruña, que potencie a excelencia investigadora e que esté orientado á atracción de investimentos e que alcance niveis de excelencia clínica garantindo a máxima seguridade do paciente e atención aos aspectos humanos, ambientais e sociais da contorna.
VALORES: Responsabilidade, profesionalidade, orientación á cidadanía e os clientes/grupos de interese, compromiso coa seguridade do paciente, rendición de contas, comportamento ético, transparencia, asesoramento, orientación e información á paciente/persoa conforme aos resultados, motivación e participación dos profesionais, compromiso co servizo público, a eficiencia e a equidade nas intervencións, o respecto aos intereses das partes interesadas, respecto ao principio de legalidade e á normativa, respecto aos dereitos humanos e aliñamento coas directrices do Servizo Galego de Saúde.