Mensaxe de benvida
A transparencia é, sen dúbida, un estímulo para o bo goberno nas organizacións sanitarias e un incentivo para incrementar a calidade das prestacións.
Esta páxina pretende ser a porta de entrada, que invite e facilite o acceso á nosa organización a todas as persoas interesadas en obter información sobre os recursos, liñas estratéxicas, prestacións, campañas de saúde... ata realizar trámites con maior axilidade.
Os valores que nos sustentan como organización inclúen considerar ao cidadán como eixo e razón de ser da nosa actividade, adoptar un comportamento corporativo socialmente responsable e sustentable, apostar pola calidade asistencial e manter unha integración e compromiso constantes co entorno e cos cidadáns.
Seguiremos innovando en técnicas e procedementos asistenciais e de xestión, así como impulsando a investigación e formación entre os profesionais de cara a seguir avanzando no desenvolvemento profesional e persoal como única vía posible para asumir o noso reto ante a sociedade.
Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria