O Servizo de Radioloxía é un servizo central do Hospital Universitario da Coruña que centra a súa actividade na realización e interpretación de probas de imaxe, fundamentais no proceso diagnóstico e no seguimento dos pacientes e na realización de tratamentos percutáneos guiados coas devanditas probas, baseándose na mellor evidencia científica e utilizando a mellor tecnoloxía dispoñible en cada momento. Traballamos ademais na formación de novos profesionais sanitarios especialistas nesta área e a outros profesionais en ciencias da saúde, ademais de participar en tarefas de investigación, sendo a innovación científica e tecnolóxica unha prioridade do noso servizo.
Algunhas destas probas utilizan radiacións ionizantes, e nestes casos preocupámonos por administrar a mínima dose de radiación necesaria, particularmente relevante no caso dos pacientes pediátricos. Contamos ademais cun sistema de rexistro de dose de radiación.
O Servizo de Radioloxía atende a pacientes do Servizo de Urxencias, das salas de hospitalización e de consultas do propio hospital ou dos centros integrados na súa área de influencia.
Como servizo central, os sistemas de información achegan o resultado da actividade do servizo de Radiodiagnóstico ao resto do sistema sanitario e aos propios pacientes, asegurando os máis altos niveis de rapidez de resposta, calidade e eficiencia.
Responsable do Servizo
José Manuel Castro Pérez
ESTRUCTURA E LOCALIZACIÓN
SECCIÓNS
Neurorradioloxía
Responsable: José Luís Díaz Valiño
Hospital A Coruña - 2ª Planta (Radiodiagnóstico)
Radioloxía vascular e intervencionista
Responsable: Milagros Marini Díaz: Milagros Marini Díaz
UNIDADES
Pediatría
Hospital Teresa Herrera - Planta Baixa (Radiodiagnóstico)
Mama
Hospital A Coruña - 1ª Planta (Radiodiagnóstico)
CONSULTAS EXTERNAS
Centro de especialidades do Ventorrillo - Semisoto (Radiodiagnóstico)
Centro de especialidades de Betanzos
Centro de especialidades de Carballo
Centro de especialidades de Ponteceso
PROBAS DIAGNÓSTICAS
Radiodiagnóstico Hospital A Coruña
Radiodiagnóstico Hospital Teresa Herrera
Hospital Teresa Herrera - Planta baixa (Radiodiagnóstico)
Radiodiagnóstico Hospital Abente y Lago
Hospital Abente y Lago - 1ª Planta (Radiodiagnóstico)
PROFESIONAIS DO SERVIZO
Facultativos
Persoal de enfermaría
MIR
Persoal administrativo
CONTACTO
Teléfono Secretaría
981178068 Extensión 291248
Email Secretaría
radiologia.chuac@sergas.es