Servizo de Atención ao PacienteSomos un equipo de profesionais que lle atenderemos, orientaremos e informaremos no relativo á súa condición de usuario do Servizo Galego de Saúde.Tramitamos as súas suxestións, queixas, dúbidas ou agradecementos a través da plataforma CONTACTE ou da Plataforma é-saúde
Proporcionarémoslle a información sanitaria que requira no relativo á organización e prestacións do Servizo Galego de Saúde na área de competencias da Área Sanitaria da Coruña e Cee.O Servizo ten unha dependencia directa da Subdirección de Calidade, Atención ao Paciente e Admisión. Está integrado por tres DUE e seis Auxiliares Administrativos.Onde estamos?
902 077 333 "O TELÉFONO ÚNICO DO SERGAS"