h1

A Fundación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, constituíuse por escritura pública o 8 de Xullo de 1991 como Fundación Juan Canalejo Marítimo de Oza. Con plena personalidade xurídica foi recoñecida como Fundación de carácter sanitario e declarada de Interese Galego pola Orde da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia de 30 de outubro de 1991 (acollida ao Protectorado de Fundacións exercido pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia).
 
Desde o 1 de xaneiro de 2013 e tras o proceso de absorción da Fundación Profesor Novoa Santos de Ferrol por parte da Fundación Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, nace a Fundación Profesor Novoa Santos, co obxectivo de xestionar de forma conxunta a investigación sanitaria levada a cabo nos hospitais e centros de saúde das xerencias de xestión integrada da Coruña e Ferrol.
 
A sede central da fundación resultante do proceso de fusión atópase situada no Hospital Materno Infantil "Teresa Herrera", primeira planta, lugar Xubias de Arriba, nº 84. A Coruña. CP 15006.

Enlaces relacionados Enlaces relacionados