h1

Asesoramento metodolóxico
- Deseño de protocolos de estudos de investigación, en particular no relacionado coa xustificación e cálculo do tamaño muestral, esquemas de aleatorización e redacción do PAE (Plan de análise estatística).
- Revisión crítica, centrada en aspectos metodolóxicos e bioestadísticos, de artigos, comunicacións biomédicas, etc.
- Revisión das causas de denegación de proxectos nos "Comités de ética na investigación clínica", especialmente cando se deba a problemas metodolóxicos.
- Soporte en aspectos metodolóxicos e éticos de proxectos de investigación que van ser presentados para a súa avaliación ante os organismos competentes.
 
Análise estatística
- Deseño, elaboración e revisión de bases de datos.
- Asesoramento no uso de software estatístico.
- Elaboración dun plan de análise estatística.
- Análise estatística básica e avanzado (modelos lineais xeneralizados, modelos aditivos xeneralizados, análises multinivel, estatística multivariante, etc.).
 
Asesoramento na difusión de resultados
- Revisión crítica de informes cos resultados científicos obtidos para a súa presentación en distintos formatos de difusión científica (revistas, publicacións, comunicacións, teses, etc.) e, se procede, asesoramento na súa elaboración. 
- Asesoramento na elaboración de respostas a revisores.
 
Servizos de soporte no marco da plataforma SCReN (Spanish Clinical Research Network)
- Potenciación, implementación e facilitación da participación de investigadores da XXIAC en proxectos multicéntricos amparados por SCReN.
- Soporte para a posta en marcha de iniciativas de investigación independente a integrar en SCReN, lideradas por investigadores da XXIAC.
- Actividades relacionadas co Programa de Regularización e  Monitoraxe da plataforma (PRM), en particular a monitoraxe de ensaios clínicos da SCReN realizados na XXIAC.
 
Docencia
- Organización de cursos sobre metodoloxía da investigación, bioestadística, elaboración de proxectos, boas prácticas clínicas en investigación, etc. Organización de cursos sobre metodoloxía da investigación, bioestadística, elaboración de proxectos, boas prácticas clínicas en investigación, etc.
 
Outros servizos
- Xestión documental e apoio administrativo para a presentación de proxectos de investigación ante os organismos de avaliación competentes (CEIC, AEMPS, etc.)