h1

O uso de escalas ou cuestionarios de medición é especialmente útil na práctica clínica para avaliar rapidamente diferentes aspectos e detectar situacións de risco. En ocasións, existen cuestionarios desenvoltos noutros países, en linguaxe e contexto cultural diferentes ao noso, que nos gustaría aplicar na nosa práctica. Para iso, é necesario adaptar transculturalmente e validar o cuestionario antes da súa utilización, co obxectivo de asegurar a equivalencia lingüística, conceptual e estatística entre ambas versións. Nesta presentación ofrécese unha guía sobre as etapas e pasos do proceso de adaptación transcultural, revisando os modelos propostos na literatura e sintetizando algunhas das estratexias máis utilizadas.

 

Relatora: Laura Delgado Lobete. Graduada en Terapia Ocupacional. Máster en Asistencia e Investigación Sanitaria. Na actualidade está a realizar un Doutoramento en Ciencias da Saúde e impartindo docencia na materia Psicoloxía Aplicada e Saúde dentro do departamento de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña.