A primavera é a estación do ano onde as persoas que padecen enfermidades alérxicas respiratorias sofren máis os seus síntomas.
1.Comproba as previsións sobre os recontos de pole (ex. https://www.polenes.com/home).
2.Evita a estancia prolongada e a actividade física innecesaria en parques, zonas de arboledo, ou en lugares onde hai plantas que causan alerxia; sobre todo na época de polinización correspondente.
3.Ventila as habitacións pola mañá cedo, e despois manten pechadas as xanelas, sobre todo pola noite.
4.É aconsellable que utilices filtros de aire ou sistemas de aire acondicionado no fogar.
5.Viaxa cos portelos do coche pechadas e usar filtros anti-pole. Evita desprazarche en moto ou bicicleta.
6.Usa lentes de sol. En casos extremos, pode ser conveniente levar máscara que filtre o pole.
7.Pela ou lava as froitas e vexetais frescos antes da súa inxesta, para eliminar o pole da súa superficie.
8.Para previr as molestias, se tes pautado tratamento preventivo, utilízao de forma regular na época de polinización.
É importante, lembrar que algúns medicamentos para a alerxia ao pole poden producir soño, polo que se debe de ter especial coidado se se conduce ou traballa con máquinas.