h1

O CHUAC ACOLLERÁ A EXPERTOS NACIONAIS E INTERNACIONAIS EN INSUFICIENCIA CARDÍACA

 

V Reunión de INSUFICIENCIA CARDIACA: ESTADO DEL ARTE. PRÁCTICA CLÍNICA Y MODELOS ORGANIZATIVOS terá lugar os días 22 e 23 de xuño no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).


O obxectivo da reunión é proporcionar unha revisión integral do coñecemento científico na insuficiencia cardíaca avanzada e crear un foro de debate sobre aspectos organizativos no noso ámbito sanitario.

 

Para isto contará con expertos en insuficiencia cardíaca como Kiran Kush da Universidade de Stanford, Finn Gustafsson do Rigshospitalet en Copenague, Ana Hurtado da Royal Brompton & Harefield NHS Foundation Trust en Londres, Bettina Heidecker de Berlín e Jelena Čelutkienė de Lituania.


Esta reunión está dirixida a profesionais da saúde involucrados no coidado destes pacientes e inclúe o manexo de candidatos potenciais e receptores dun transplante cardíaco, cirurxía cardíaca complexa e / ou soporte circulatorio mecánico.


E tamén inclúe moitos outros aspectos relacionados coa insuficiencia cardíaca, entendendo esta entidade como progresiva pero prevenible.


02_Programa_Definitivo_IC18.pdfV Reunión de INSUFICIENCIA CARDIACA AVANZADA.pdf

Comité científico
María G. Crespo Leiro
José J. Conca Castelo
José Manuel Vázquez Rodríguez